Benvidos/as todos/as ao CLUB BALONCESTO REDONDELA nesta
tempada 2012-2013.
Os equipos infantís, cadete e senior xa comezaron os seus
adestramentos.
Comunicámoslles que a cota
mensual a satisfacer a partir do vindeiro mes de outubro é de 15 euros.
De ter dous irmáns inscritos, o segundo/a pagaría 12 euros. No caso de ser tres irmáns no club, o terceiro/a pagaría 10 euros.
O pago mensual realizarase na
primeira semana de cada mes ao adestrador.
Tamén é posible facelo por media tempada (60 euros a principios de outubro e 60 a principios de febreiro) ou pola tempada completa (120 euros a pagar no mes de outubro).
De haber algunha familia que queira domiciliar o pagamento ou ben facer ingreso/s directo/s na conta do club, debe poñelo en coñecemento do
adestrador, para que se lle facilite ese medio de pago.
EQUIPACIÓN DO CLUB BALONCESTO REDONDELA (pantalón e
camiseta)
Sobre este tema a vindeira semana emitirase unha nota na que se
ofrecerán máis detalles.
A XUNTA DIRECTIVA