31/5/12

CALENDARIOS DE XOGO DO I TORNEO INTER-ESCOLAR DE BALONCESTO

O I Torneo Inter-Escolar de Baloncesto, organizado por este club, xa está a punto, e polo tanto tamén o están os calendarios de xogo, que adxuntamos ó final desta entrada e tamén na páxina especial para o torneo (fai clic).
Lembramos que o torneo celebrase o sábado día 2 de xuño pola tarde, nas pistas da Xunqueira, para primaria e o domingo 3 de xuño pola mañá, no IES Mendiño, para secundaria. A información completa está nos seguintes calendarios:

ENTREVISTA Ó PRESIDENTE DO CLUB EN "SI RADIO"

O pasado mércores 30 de maio de 2012, o presidente do club D. Carlos H. Núñez Lorenzo, concedeu unha entrevista a SI RADIO (107.7 FM). Nesa entrevista o presidente contou a evolución do club ó longo destes anos, o funcionamento do mesmo na actualidade e, sobretodo, explicou a organización do I Torneo Inter-Escolar de Baloncesto. Dita entrevista ofrecémosvola no vídeo que acompaña a esta entrada, que tamén inclúe un anuncio que publicita o torneo, tamén realizado por SI RADIO:


22/5/12

I CAMPAMENTO MÓVETE 2012

O CLUB BALONCESTO REDONDELA organiza o I Campamento "Móvete 2012".

LUGAR, HORARIO E IDADES

Realizarase en Redondela os meses de xullo e agosto en horario de mañá e tarde. Vai dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos de idade. As actividades comezan ás 10 da mañá e rematan ás 20 horas.

Contémplase aunha Aula Matinal para aquelas familias que por diversos motivos deban deixar aos seus nenas/os dende as 8:00 horas.

O Centro base para as actividades será o IES Mendiño.

ACTIVIDADES

As actividades do Campamento serán lúdicas: xogos predeportivos, festas temáticas, maquillaxe, xogos populares,saídas e xogos na praia. Cada unha das quincenas terá un eixe temático. A primeira tratará sobre o Mar. A segunda sobre os Xogos Olímpicos. A terceira sobre a Natureza. A cuarta sobre as Tradicións e Festas de Redondela.

COMEDOR
O Campamento conta cun servizo de Comedor realizado polo Cátering Arelas, de 14 a 16 horas.

PAGAMENTO

Os prezos quincenais poden consultarse máis abaixo. O ingreso hai que realizalo a favor de CLUB BALONCESTO REDONDELA en “LA CAIXA” (Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona) na conta: 2100 4793 89 0200043856

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

Folla de inscrición (a ficha de inscrición pode descargarse nesta páxina).

Resgardo de ingreso ou fotocopia do mesmo.

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

Fotocopia do DNI do neno/a ou Libro de Familia.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Está aberto ata o día 26 de xuño.

LUGAR DE ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN


4/5/12

PARTIDOS DA XORNADA 5/6 DE MAIO

Aquí tendes os partidos da xornada 5/6 de maio. Os equipos sénior e infantil masculino continúan a súa fase clasificatoria; o equipo alevín mixto coménzaa nesta xornada, e realmente trátase dunhas semifinais e final (non dunha liga como cos equipos sénior e infantil masculino). As semifinais serán a ida e volta, e se gañamos a primeira poderemos estar na final! O equipo benxamín continúa na fase regular:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Fase Clasificatoria 31º-36º Sur | 4ª Xornada):


· CB REDONDELA 42 VS. A LAMA 54
- Lugar:
Centro penitenciario da Lama.
- Hora: Domingo 6 ás 12:00h (xogadores ás 11:15h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Fase Clasificatoria 72º-78º Sur | 2ª Xornada):

· COMPAÑÍA DE MARÍA VS. CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Compañía de María.
- Hora: Sábado 5 ás 18:00h (xogadores ás 17:15h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB 2º - Grupo 1/2 Final | 1ª Xornada-Serie 1):

·
CB REDONDELA VS. DIVINO SALVADOR B
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Partido aprazado por chuvia.

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 16ª Xornada):

· MIRALBA B 22 VS.
CB REDONDELA 73
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 5 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).

3/5/12

NOVA XUNTA DIRECTIVA

O CB Redondela anuncia a composición da nova Xunta Directiva. O incremento de xogadores e de xogadoras, o aumento de equipos tanto federados como non, a participación, por parte do club, en máis actividades nos centros de ensino... fai necesaria a constitución dunha Xunta Directiva máis ampla, sendo a mesma a seguinte:


PRESIDENTE
Dª. Paula Fernández López

SECRETARIO
D. Francisco Javier Aljan Molinos
TESOUREIRO
D. Monica Gonzalez Perez
VOGAIS
Dª. MºJesus Trigo Soneira
D. Sonia Casar Edreira
D. Luis Fernandez Vazquez

Esta información estará permanentemente dispoñible na nosa nova páxina "Xunta Directiva", que substitúe á anterior páxina "Organigrama Directivo".