29/12/11

TORNEO DE NADAL 3x3

O CB Redondela vai organizar mañá, día 30 de decembro, un Torneo de Nadal 3x3 que terá a mesma finalidade que o anterior Torneo Benéfico 3x3, recaudar fondos. Con 15 equipos inscritos, mañá a partires das 16:30h no Pavillón do IES Mendiño vai ser unha gran festa de baloncesto e bo ambiente. A final está programada para as 21:00h, e despois está prevista a entrega de premios, polo que esperamos, se todo vai ben, que o Torneo quede clausurado entre as 21:30h e as 22h. Estas son algunhas das bases de competición máis salientables:
  • As canastras contabilizaranse de dous (2) puntos dende dentro da liña de triple (ou pisando a mesma) e de tres (3) puntos por fóra de dita liña.
  • O tempo de xogo será de 12 minutos.
  • As faltas persoais que se realizen cando se está efectuando un tiro a canastra, contará como falta de tiro e procederase con un (1) tiro libre sen rebote e posesión ó equipo atacante.

Deixámosvos agora co cartel do Torneo e os horarios do mesmo:

22/12/11

TORNEOS EN NIGRÁN BABY, BENXAMÍN E ALEVÍN 2011

Os próximos 27 e 28 de decembro os nosos prebenxamíns (babys), benxamíns e alevíns van participar nun torneo no CPI Panxón, Nigrán (localización en 3D, localización por satélite) xunto con outros moitos equipos.
O día 27 será o turno dos prebenxamíns e benxamíns a partires das 16:00h, polo que hai que chegar 15 minutos antes (15:45h), xa que o torneo non se pode retrasar.
O día 28 será o turno dos alevíns a partires das 16:00, pero o noso club non empeza a xogar ata as 16:45h, así que ás 16:30h debemos estar alí.
Agora vos deixamos cos carteis, horarios e bases de competición dos torneos:

BABY E BENXAMÍN
Cartel Torneo en Nigrán Benxamín e Baby 2011
Horarios Torneo en Nigrán Benxamín e Baby 2011

ALEVÍN

Cartel Torneo en Nigrán Alevín 2011
Horarios Torneo en Nigrán Alevín 2011

RESULTADOS DA XORNADA 17/18 DE DECEMBRO

Aquí tendes os resultados da xornada 17/18 de decembro. Por mor do nadal, as ligas non se continuarán ata a xornada 14/15 de xaneiro.

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 8ª Xornada):

· CARMELITAS 89 VS. CB REDONDELA 12
- Lugar: Pavillón das Travesas.
- Hora: Sábado 17 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 3ª Xornada):

· CB REDONDELA 38 VS. ENSEÑANZA 21
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 17 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 3ª Xornada):

· CB REDONDELA 39 VS. DIVINO SALVADOR A 53
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 17 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

14/12/11

TORNEO BALONCESTO BABY 2011

O próximo venres día 16 de decembro, os nosos pre-benxamíns (ou babys) van participar no Torneo Baloncesto Baby 2011, organizado pola Acedemia do Real Club Celta Baloncesto Feminino. Terá lugar no Pavillón de Navia de 17:30h ás 19:30h.
O noso club participará xunto a 9 equipos máis: Colexio Apostol, CB Tui, Airexa, Colexio Maristas, Colexio Salesianos, CB Baiona, Colexio Estudio, Colexio Chans e o Celta.
De seguro que os nosos xogadores e as nosas xogadoras o pasarán xenial! Estades todos convidados a ir! Aquí tendes o cartel:

Cartel Torneo Baloncesto Baby

PARTIDOS DA XORNADA 17/18 DE DECEMBRO

Nesta xornada continúan as ligas de todos os equipos excepto a do sénior masculino, que xa rematou a 1ª volta da fase regular. A 2ª volta comezará en Xaneiro.

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 8ª Xornada):

· CARMELITAS VS. CB REDONDELA
- Lugar: Pavillón das Travesas.
- Hora: Sábado 17 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 3ª Xornada):

· CB REDONDELA VS. ENSEÑANZA
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 17 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 3ª Xornada):

· CB REDONDELA VS. DIVINO SALVADOR A
- Lugar: CEIP Alexandre Bóveda.
- Hora: Sábado 17 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

RESULTADOS DA XORNADA 10/11 DE DECEMBRO

Aquí tendes os resultados da xornada 10/11 de decembro.

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 7ª Xornada):


· CB REDONDELA
54 VS. ESTUDIANTES 56
- Lugar: Pabillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 11 ás 20:00h.
(Falta crónica).

9/12/11

ACTO DE PRESENTACIÓN OFICIAL DA TEMPADA 2011/12

Mañá, sábado 10 de decembro, terá lugar no pavillón do IES Mendiño a partir das 18:30h o Acto de Presentación do club da tempada 2011/12. Os xogadores deberán estar ás 18:00h. Será unha velada onde presentaremos os nosos xogadores e as nosas xogadoras, todos os equipos do club, todos os adestradores faremos a foto de familia... entre outros. Ademáis a presidenta Dª Sonia Tobío e o Concelleiro de Deportes do Concello de Redondela Jesús Crespo dedicarannos unhas palabras a todos os asistentes. Tamén teremos a presenza dun fotógrafo do Faro de Vigo e posteriormente un artigo no suplemento de dito xornal "Campeones".
Despois do acto (está previsto que dure menos dunha hora) celébrarase o partido do equipo sénior masculino CB REDONDELA VS. ESTUDIANTES, ás 20:00h. Tódolos xogadores e tódalas xogadoras estarán presentes no partido animando ó equipo, polo que esperamos que lle sirva de motivación ó equipo.
No descanso do partido, sortearemos unha Cesta de Nadal, e posteriormente colgaremos no blog a rifa gañadora. No caso de que o gañador ou gañadora non estivese presente no Acto, deberá poñerse en contacto con nós do xeito que anunciemos na entrada onde colguemos a rifa gañadora.
Por suposto que estades todos/as convidados a ir!!!! Deixámosvos co cartel:

8/12/11

PARTIDOS DA XORNADA 10/11 DE DECEMBRO

Aquí tendes os partidos desta xornada 10/11 de Decembro. Os alevíns e os benxamíns descansan.

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 7ª Xornada):


· CB REDONDELA
VS. ESTUDIANTES
- Lugar: Pabillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 11 ás 20:00h.

INFANTIL
MASCULINO (2ª División - Grupo I | 7ª Xornada):

· CB REDONDELA
VS. LOS SAUCES
- Lugar: Pabillón do IES Mendiño.
- Hora: Partido aprazado.

Ademáis, este sábado terá lugar ás 18:30h no pabillón do IES Mendiño o Acto de Presentación Oficial do Club Baloncesto Redondela. Dedicarémoslle unha entrada máis adiante. Estades convidados a ir!!


6/12/11

RESULTADOS DA XORNADA 3/4 DE DECEMBRO

Aquí tendes os resultados da xornada 3/4 de Decembro:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | Recuperación 1ª Xornada):


·
U.E. OS SEIXOS-INVERNADEROS SAMIL 48 VS. CB REDONDELA 38
- Lugar: Colexio Seis do Nadal (Coia).
- Hora: Sábado 3 ás 20:00h (xogadores ás 19:30h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | Recuperación 2ª Xornada):

· DEFENSORES DO MORRAZO 66 VS.
CB REDONDELA 16
- Lugar: Pabillón do IES Rodeira.
- Hora: Domingo 4 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

2/12/11

PARTIDOS DA XORNADA 3/4 DE DECEMBRO

Este fin de semana únicamente se recuperaran partidos que foron aprazados, neste caso do equipo sénior masculino e do equipo alevín mixto.

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | Recuperación 1ª Xornada):

·
U.E. OS SEIXOS-INVERNADEROS SAMIL VS. CB REDONDELA
- Lugar: Colexio Seis do Nadal (Coia).
- Hora: Sábado 3 ás 20:00h (xogadores ás 19:30h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | Recuperación 2ª Xornada):

· DEFENSORES DO MORRAZO VS.
CB REDONDELA
- Lugar: Pabillón do IES Rodeira.
- Hora: Domingo 4 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).

Animádevos a ir ver ó voso equipo!!

RESULTADOS DA XORNADA 26/27 DE NOVEMBRO

Aquí tendes os resultados da xornada 26/27 de novembro:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 6ª Xornada):


O noso equipo sénior masculino descansou nesta 6ª xornada.

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | Recuperación 5ª Xornada):

· CB REDONDELA 4 VS. SAN JOSE DE CLUNY 54
- Lugar: Colexio San José de Cluny.
- Hora: Venres 25 ás 18:00h (xogadores ás 17:30h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 6ª Xornada):

· DEFENSORES DO MORRAZO 92 VS. CB REDONDELA 34
- Lugar: Pabillón do IES Rodeira.
- Hora: Domingo 27 ás 12:00h (xogadores ás 11:30h).


ALEVÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo A | 2ª Xornada):

O partido correspondente a 2ª xornada foi aprazado e se xogará máis adiante.

BENXAMÍN MIXTO (Liga DVB - Grupo Único | 2ª Xornada):

· MIRALBA A 24 VS. CB REDONDELA 37
- Lugar: Colexio Miralba-Xesuitinas.
- Hora: Sábado 26 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).