31/10/11

RESULTADOS DA XORNADA 29/30 DE OUTUBRO

Aquí tendes os resultados da pasada xornada do 29/30 de Outubro:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 3ª Xornada):

· CB PUERTO VIGO 71 VS. CB REDONDELA 44
- Lugar: Pabillón Universitario (Cuvi).
- Hora: Domingo 30 ás 19:00h.
O noso equipo estivo apretando no primeiro cuarto e finalizou con só diferenza dun punto, pero o segundo cuarto foi bastante pobre en xogo e puntos, polo que a diferenza rozou os 20 puntos. Despois do descanso disfrutamos de bo baloncesto e chegamos a estar a 11 puntos, pero non foi suficiente. Aínda que o resultado foi negativo, o noso equipo xogou bastante ben. Cómpre sinalar a asistencia dalgúns siareiros ó encontro.

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | Recuperación 2ª Xornada):

·
CB TUI SETA 108 A VS. CB REDONDELA 6
- Lugar: Pabillón Municipal de Tui.
- Hora: Sábado 29 ás 10:00h (xogadores ás 9:30).
Como ben queda reflexado no resultado, queda moito traballo por diante esta tempada. O partido foi de duración normal (1h e media) e non tivo demasiadas faltas.

27/10/11

PARTIDOS DA XORNADA 29/30 DE OUTUBRO

Este fin de semana continúan as ligas do equipo infantil masculino e do equipo sénior masculino. Informámosvos nesta entrada dos partidos, ubicación, horarios...

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 3ª Xornada):

· CB PUERTO VIGO VS. CB REDONDELA
- Lugar: Pabillón Universitario (Cuvi).
- Hora: Domingo 30 ás 19:00h.

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | Recuperación 2ª Xornada):

·
CB TUI SETA A VS. CB REDONDELA
- Lugar: Pabillón Municipal de Tui.
- Hora: Sábado 29 ás 10:00h (xogadores ás 9:30).

Anímadevos a vir ver ó voso equipo!!

23/10/11

RESULTADOS DA XORNADA 22/23 DE OUTUBRO

Aquí tendes os resultados da pasada xornada do 22/23 de Outubro:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 2ª Xornada):

· CB REDONDELA 30 VS. MARISTAS ADEMAR 50
- Lugar: Pabillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 22 ás 20:00h (xogadores ás 19:00h).
O noso equipo fixo todo o que puido e quedou sen folgos, pero pese a todo o esforzo o resultado foi negativo. Ó comezo, as puntuacións non ían moi lonxanas, pero a distancia foi aumentando co paso do encontro. Foi un partido de xogo fluído, poucas faltas e violacións e cunha duración de apenas 1h e 10min. Convén destacar algunhas mostras de cariño por parte do Maristas Ademar cando nun ataque perdimos o balón por mor dun contacto non moi grave e no saque nolo pasaron para continuar co xogo. Para tornar o marcador precisamos de todos e todas vós nas gradas animando ó noso equipo!!

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 2ª Xornada):

O partido correspondente á 2ª xornada aplazouse e se celebrará máis adiante.

21/10/11

PARTIDOS DA XORNADA 22/23 DE OUTUBRO

Este fin de semana prosiguen as ligas do equipo infantil masculino e do equipo sénior masculino. Informámosvos nesta entrada dos partidos, ubicación, horarios...

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 2ª Xornada):

· CB REDONDELA VS. MARISTAS ADEMAR
- Lugar: Pabillón do IES Mendiño.
- Hora: Sábado 22 ás 20:00h (xogadores ás 19:00h).

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 2ª Xornada):

O partido correspondente á 2ª xornada aplazouse e se celebrará máis adiante.

Anímadevos a vir ver ó voso equipo!!

RESULTADOS DA XORNADA 15/16 DE OUTUBRO

Aquí tendes os resultados da pasada xornada do 15/16 de Outubro:

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 1ª Xornada):

Por un rápido e imprevisto cambio de última hora no calendario de xogo do noso Equipo Sénior Masculino non xogamos a pasada xornada. Dita xornada recuperarase máis adiante.

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 1ª Xornada):

· CB REDONDELA 22 VS. CB SAN JOSÉ DE LA GUÍA 56
- Lugar: Colexio San José de la Guía.
- Hora: Sábado 15 ás 10:00h.
Para ser o primeiro partido da tempada e tendo en conta a pouca experiencia deste equipo xogando xuntos, non xogamos mal. Malia todo, o CB San José de la Guía xogou con máis precisión. Pouco a pouco esperamos tornar o resultado a mellor. Para iso e moi importante a vosa presenza nas gradas!

13/10/11

PARTIDOS DA XORNADA 15/16 DE OUTUBRO

Este fin de semana comezan as ligas do equipo infantil masculino e do sénior masculino. Informámosvos nesta entrada dos partidos, ubicación, horarios...

SÉNIOR MASCULINO (4ª División - Grupo D | 1ª Xornada):

Por un rápido e imprevisto cambio de última hora no calendario de xogo do noso Equipo Sénior Masculino non xogaremos esta xornada. Dita xornada recuperarase máis adiante.

INFANTIL MASCULINO (2ª División - Grupo I | 1ª Xornada):

· CB REDONDELA V.S. CB SAN JOSÉ DE LA GUÍA
- Lugar: Colexio San José de la Guía.
- Hora: Sábado 15 ás 10:00h (xogadores ás 9:30h).

Anímadevos a vir ver ó voso equipo!!

12/10/11

RESUMO DO PARTIDO AMISTOSO ENTRE O CB REDONDELA E O CB PONTEAREAS

O pasado sábado 8 de Outubro, xogouse o primeiro partido amistoso do equipo sénior do noso club. Estreámonos contra o CB Pontareas, nun encontro cheo de imprecisións debido á inexperiencia de ambos conxuntos, xa que só había un xogador que superara os 25 puntos, militando este no CB Ponteareas.
Foi un partido de amplas rotacións por parte de ambos clubs, no que ningún xogador chegou ós 25 minutos de xogo. Buscamos ir encaixando pezas de cara ó comenzo da nova tempada o vindeiro 16 de outubro (23 no caso do noso club por ter a primeira xornada de descanso).
Os nosos xogadores foron a remolque todo o partido sen encontrar o tino no ataque nin o xeito na defensa salvo accións individuais, nas que conseguímos animar á grada.
Non obstante, os nosos xogadores non perderon de vista ao CB Ponteareas e, tendo una máxima desventaxa no inicio do 4º periodo (6 puntos), foi ese o momento no que nos puxemos ó traballo e, cun parcial 9-0, conseguimos poñernos por diante do marcador. Non abandonamos o resultado ata que a bocina bramou o final do partido (49-47).

Cómpre destacar o debut de tódolos xogadores, e as primeiras canastras na competicion oficial sénior de Cristian e Anxo.


O 5 inicial do CB Redondela foi:

- Ruben Rodriguez (16 ptos).
- Victor Castellano (6 ptos).
- Luis Amutio (3 ptos).
- Manu Deus (0 ptos).
- Jaime E. Serín (4 ptos).


A puntuación do resto de xogadores foi:

- Carlos Nuñez (14 ptos).

- Cristian Crespo (4 ptos).

- Ricardo Vieitez (2 ptos).

- David Alonso (0 ptos).

- Anxo Perez (2 ptos).

Bo ambiente o sábado no Pabillón do IES Mediño contando con varias docenas de espectadores nas gradas. Esperamos repetir e aumentar este número durante a liga!

7/10/11

PARTIDO AMISTOSO DO EQUIPO SÉNIOR MASCULINO

Este sábado 8 de outubro xogarase no pabillón do IES Mendiño de Redondela un partido amistoso entre o CB Redondela e o CB Ponteareas. O encontro terá lugar ás 19h. Estades todos e todas convidados a ir e animar ó noso equipo!!

5/10/11

CONFIRMADOS OS CENTROS E HORARIOS DE ADESTRAMENTO DA TEMPADA 2011/12

Informámosvos dos centros educativos de adestramento, cos seus respectivos horarios, adestradores/as e categorías desta nova tempada 2011/12:

LUNS
CEIP ALEXANDRE BÓVEDA de 16h a 17h.
- Categorías: Prebenxamín, Benxamín e Alevín.
- Adestra: Paula Fernández.

MARTES
PABILLÓN DO IES MENDIÑO de 22h a 00h.
- Categoría: Sénior.
- Adestran: Tódolos xogadores conxuntamente.


MÉRCORES
CEIP LAREDO de 15:45h a 16:45h.
*Categorías: Prebenxamín, Benxamín e Alevín.
*Adestran: Brais Ferreiro e Miguel Soler.

CEIP SANTA MARIÑA de 17h a 18h.
- Categorías: Benxamín e Alevín.
- Adestra: Paula Fernández..

IES CHAPELA de 18h a 19h.
- Categorías: Infantil e Cadete.
- Adestra: Cristian Fernández.


XOVES
CEIP OUTEIRO DAS PENAS de 16:30h a 18:30h.
- Categorías: Benxamín e Alevín.
- Adestra: Carlos Nuñez e Ricardo Vieitez.

PABILLÓN DO IES MENDIÑO de 22h a 00h.
- Categoría: Sénior.
- Adestran: Tódolos xogadores conxuntamente.


VENRES
IES CHAPELA de 18h a 19h.
- Categorías: Infantil e Cadete.
- Adestra: Cristian Fernández.

PABILLÓN DO IES MENDIÑO de 22h a 00h.
- Categoría: Sénior.
- Adestran: Tódolos xogadores conxuntamente.

Toda esta información estará permanentemente dispoñible durante toda a tempada no apartado de enriba titulado "Adestramentos".