14/9/11

INICIO DA TEMPADA 2011/12

O vindeiro Luns 19 de setembro vai comezar oficialmente a tempada do CB Redondela. Durante a primeira semana estaremos unicamente en 3 colexios para toda a xente que queira vir adestrar, xa que estamos pendentes de confirmar tódolos centros educativos nos que imos estar presentes esta temapada. O luns 19 ás 16h estaremos no CEIP Alexandre Bóveda en Chapela, o mércores 21 no CEIP Laredo ás 16h e o xoves 22 no CEIP Outeiro das Penas en Cesantes ás 16:30h. Cando saibamos con seguridade os centros nos que imos estar informarémosvos. Anímate a participar esta tempada co noso club, fala cos teus amigos e amigas se non queres estar só ou sóa... cantos máis mellor! Recorda que se conseguimos ser os suficientes no maior número posible de categorías podemos inscribirnos nunha liga oficial da FEGABA (Federación Galega de Baloncesto). Rematamos co cartel do inicio desta tempada 2011/12, que podedes imprimir e colocar onde queirades:

12/9/11

ANÁLISE DO TORNEO BENÉFICO 3x3

Como xa sabedes, o pasado 10 de setembro celebramos no pabillón do IES Mendiño, o Torneo Benéfico 3x3. Celebramos dous partidos á vez a unha canasta cada un. A duración dos mesmos era de 15 minutos divididos en dúas partes, unha de 7 minutos e outra de 8. A puntuación foi de 2 puntos dende a liña de tres e 1 punto dende calqueira outra parte. En total inscribironse 8 equipos.
Grazas á organización do Torneo, recadamos 185€ aproximadamente, que serán destinados ó Equipo Sénior Masculino do club.
Esperamos poder repetir este evento de novo, e esperamos tamén que participes ti! Rematamos con algunhas das fotos do Torneo:

5/9/11

TORNEO BENÉFICO 3x3

O Club Baloncesto Redondela organiza o próximo día 10 de setembro un Torneo Benéfico 3x3. Terá lugar de 16h a 20h no pabellón do IES Mendiño de Redondela. O diñeiro recadado será destinado ó novo Equipo Sénior Masculino do noso club. Se queres participar, fala cos teus amigos ou amigas e anotádevos no enderezo electrónico club.baloncesto.redondela@gmail.com . Podes formar un equipo sénior masculino, feminino ou mixto, e poderás inscribir un máximo de 5 xogadores e/ou xogadoras por equipo. O prezo será de 5 € por participante (xogador ou xogadora). O prazo para inscribirse remata o día 8 de setembro. Anímate a participar e non deixes escapar esta oportunidade!!!! Rematamos a entrada co cartel do Torneo:

1/9/11

NOVO BLOG, NOVO ESCUDO, NOVO NOME, NOVA TEMPADA

E por fin chegou o gran día!! Xa estamos de novo con todos e todas vós!! Como podedes ver todo está cambiado non si? O nome, o escudo, o blog... E o que queda por desvelar!! Xa que este ano imos ter moitas cousas novas.
Se vos fixastes, na parte superior do blog e debaixo da cabeceira, tedes uns novos botóns (actualmente catro) con máis información que antes se atopaba por todo o blog. Agora está dun xeito máis simplificado para facilitarvos a visita ó blog.
Unha das novidades deste ano é que ademáis do noso Facebook e a nosa canle de Youtube, este ano tamén dispoñemos dun perfil e dunha páxina en Tuenti! Se queredes atopar o perfil buscade "Baloncesto Redondela" e se queredes atopar a páxina buscade "Club Baloncesto Redondela". Se buscades pola columna da dereita (do blog) atoparedes tres logotipos (co mesmo fondo), un para o Facebook, outro para a canle e outro para o Tuenti. Se clicades neles iredes ó Facebook, á canle ou ó Tuenti respectivamente, pero xa sabedes que como tuenti é un rede social á que só se pode acceder por invitación, o enlace do logotipo do tuenti levaravos á páxina para entrar como usuario/a, e despois abrirase a páxina. Esperamos que empreguedes por igual ás nosas plataformas na rede, e con respecto ó Facebook e Tuenti, estaremos moi agradecidos se interactuades con nós!
Outra das novidades deste ano e que, como cambiamos de nome, os enderezos electrónicos tamén o fixeron. Se entras no apartado de "Contacto" (nos botóns da parte superior) poderas informarte ben.
Antes de finalizar a entrada, deveredes saber que para todos e todas as que queirades vir xogar con nós, o día 19 de setembro ás 16:00h están as portas abertas no CEIP Alexandre Bóveda, ademáis da obrigatoria asistencia dos xogadores e xogadoras que adestraron con nós o ano pasado nese colexio.
Saúdos, e agardamos que participades este ano no club e difundades as nosas plataformas na rede!