26/12/10

EXPLICACIÓN DO NOVO FUNCIONAMENTO DO BLOG

Como sabedes, cerramos o blog polo escaso tempo de dous días para simplificalo. Pois ben, como poderedes observar, quitamos moitas cousas que había antes da zona de entradas; esas zonas están organizadas agora dun xeito moito mellor: Se vos fixades, ó entrardes no blog veredes unha lista de enlaces titulada "ZONAS", e cada un deses enlaces está titulado cun nome dunha zona como había antes no blog. Por exemplo, se recordades antes había un vídeo na zona superior ás entradas, pois ben, agora hai unha zona titulada "ZONA DE VÍDEOS" nos enlaces de "ZONAS". Cada zona vai acompañada dunha pequena e breve explicación. Segundo vaiamos creando zonas se irán engadindo a "ZONAS".
Esperamos que este sistema vos resulte máis cómodo. Bo Nadal e próspero ano novo 2011!!

22/12/10

TORNEO SOLIDARIO DE NADAL

O noso club está convidado a un torneo solidario de nadal, co fin de xogar ó baloncesto pero ó mesmo tempo a darlle ós máis necesitados alimentos, o único "prezo" por participar no torneo.
Será mañá día 23 de Decembro nas pistas de baloncesto de Balaídos (localización 3D ó final da entrada). A hora a cal teñen que estar os adetradores, adestradores axudantes e xogadores/as é ás 16:15 h, e o comezo do torneo será ás 16:30 h. Adxuntámosvos abaixo a localización en 3D e o calendario de xogo do torneo:



Ver mapa más grande

Torneo Solidario de Nadal 2010

17/12/10

NOVA XORNADA DA LIGA ALEVÍN MIXTO

Este sábado 18 ás 12:30 h xogamos un partido contra o colexio Carmelitas no mesmo colexio. Recordamos ós adestradores e ós xogadores que deben estar alí ás 12: 00 h sen falta.

Estades todos/as convidados a ir!!

10/12/10

XORNADA DA LIGA ALEVÍN MIXTO

Como xa sabedes comezamos a xogar fai un mes na liga alevín mixto da FEGABA. Pois ben, este próximo sábado 11 de decembro xogamos na nosa casa (CEIP Laredo) contra a colexio Salesianos de Vigo. A hora do comezo do partido é ás 12:00 h, pero recordamos ós adestradores e ós xogadores que temos que estar alí ás 11:30 h, e por petición da adestradora, se pode ser un pouco antes das 11:30 h mellor.

Todo o mundo que o desexe pode asistir ó partido. Aquí tedes a situación do encontro en 3D:


Visualizar o mapa ampliado