29/9/10

A PUNTO DE COMEZAR A TEMPADA 2010-11

Para o noso club, a tempada está a piques de comezar, e precisamos da túa presencia. Se queres saber como te podes anotar no noso club, tes aquí embaixo a información requerida, pero permanece atento a canle de youtube (www.youtube.com/user/cdalexandreboveda) e ó blog...

CARTEL PARA O COMEZO DA TEMPADA 2010/11

O cartel orixinal é un pouco máis "chulo", pero ó pasalo por este programa que nos permite colgar documentos cambiao un pouco.

NOTICIAS MUNDOBASKET 2010

O mundial de baloncesto foi imposible para a selección española masculina de baloncesto. No Mundobasket Turquía 2010 quedamos sextos, e os campións foron Estados Unidos. Pero non só xogaron os homes, tamén xogaron as mulleres na República Checa, e á selección femenina española de baloncesto non lle foi nada mal. A diferenza da selección masculina, á femenina quedou de 3ª no na clasificación. As nosas xogadoras viñeron moi agradecidas e contentas, es só facia falta verlles a cara ó chegar a España para deducilo. En definitiva: este MUNDOBASKET 2010, puido ser moito mellor para os homes, e para as mulleres, home, por poder...

12/9/10

MARATÓN DE BALONCESTO

Hoxe decídese o MUNDOBASKET 2010, pero non só xogan Estados Unidos e Turquía hoxe, hoxe xóganse ás posicións 1, 2, 3, 4, 5 e 6:

  • Ás 16:45 na Sexta ou en lasextadeportes.com España - Arxentina para xogarse os postos 5 e 6.
  • Ás 20:30 na Sexta ou en lasextadeportes.com USA - Turquía para xogarse o posto 1 e 2, e polo tanto o posto de campión do mundo de baloncesto.

CUARTOS DE FINAL E SEMIFINAIS DO MUNDOBASKET 2010

Agora ímosvos achegar os resultados e algúns comentarios dos cuartos de final e as semifinais do MUNDOBASKET 2010:

- Resultados dos cuartos de final:
  • Serbia - España: 92-89
  • Turquía - Eslovenia: 95-68
  • USA - Rusia: 89 - 79
  • Lituania - Argentina: 104-85
- Resultados das semifinais:
  • Serbia - Turquía: 82-83
  • USA - Lituania: 89-74
-Comentarios:
O primeiro que deberíamos salientar é a derrota de España ante Serbia. Foi unha decepción para todos os seguidores do baloncesto. Durante todo o partido Serbia foi bastante superior a España, pero na metade do terceiro cuarto, España fixo todo o posible para igualarse e o conseguiron. Malia todo o esforzo español, todo se viu destrozado cando Serbia meteu un triple dende 9 metros:
Os dous equipos ían empatados a 89, a posesión era de Serbia e quedaban 25 segundos para o final. Parecía que Serbia non ía facer nada para que houbese unha prórroga, pero cando quedaban 3 segundos, tiraron un triple dende 9 metros con acerto. Mentres que saltaban todos os seguidores serbios, os españois poñían as súas máns na cabeza como lamentándose de algo malo.
Os restantes 3 segundos españa fixo o que puido para meter outro triplo, pero nada foi suficiente para igualar o partido e perdimos.
Non nos esperábamos nada menos de Estados Unidos, gañando os partidos e estando na final, pero non nos imaxinabamos a Turquía como finalista; equipo que gañou a Serbia por un punto nas semifinais. Unha mágoa que non fósemos nós quen derrotara a Serbia...

Agora a final do Mundobasket xa está decidida: USA-Turquía. Todo apunta a que gañará USA pero nunca se sabe...

8/9/10

OITAVOS DE FINAL DO MUNDOBASKET 2010

Agora ímosvos achegar os resultados, cruces, e algúns comentarios dos oitavos de final do MUNDOBASKET 2010:

- Resultados:
  • Serbia - Eslovenia: 73-72
  • Eslovenia - Australia: 87-58
  • Turquía - Francia: 95-77
  • USA - Angola: 121 - 66
  • Rusia - Nova Zelanda: 78-56
  • Lituania - China: 78-67
  • Arxentina - Brasil: 93-89
  • España - Grecia: 80-72

-Comentarios:

Podemos dicir algunhas cousas, como por exemplo como estivo de reñido o partido de Arxentina e Brasil, sobretodo no último cuarto, e no último segundo e medio! Pero o partido xa estaba medio decidido para Arxentina, e así foi. E agora falemos do partido de España e Grecia:
Se facemos memoria, Grecia foi o noso rival na final do Mundobasket anterior, o cal gañamos; quererá dicir isto que como xa derrotamos ó noso anterior rival máis forte, gañaremos o Mundobasket deste ano? Mellor non confiarse e a xogar ben. De feito no anterior partido o xogo foi bastante bo, e expectaculares os mates de Fran Vázquez, o galego de Chantada. Que sigamos así, ou mellor!! Demostremos que aínda que non teñamos a Pau Gasol e a Calderón podemos gañar!!

- Cruces para os cuartos de final:
  • Serbia -España (Hoxe ás 17:00h na Sexta ou na web lasextadeportes.com).
  • Eslovenia -Turquía.
  • USA - Rusia.
  • Lituania - Arxentina.
Voltaremos falar de este mundial, logo dos cuartos de final, e recordade que unha boa canle para seguir todo o mundial é MARCA TV, pero os de España en directo na Sexta ou na web lasextadeportes.com.

3/9/10

A ESTREA DO BLOG XA ESTÁ AQUÍ!

Despois de tanto agardar, aquí está! Xa chega o noso novo blog oficial, cos mesmos contidos que había a tempada pasada e moitas cousas máis novas, empezando polo deseño deste ano do blog. Durante toda a tempada se irán poñendo novas cousas, novas entradas, e ata pode que o blog cambie un pouco.
Debes saber algunhas cousas:
  • Recomendámosche ler sobretodo: Entradas recentes, algunhas razóns para mandarnos unha mensaxe de corrreo electrónico (texto á esquerda, no cal volo recomendamos ler porque alí se explica unha cousa importante sobre ás nosas direccións de correo electrónico)... pero queremos que leades todo e revisedes ata o máis mínimo detalle, porque sempre vos ides encontrar con cousas novas.
  • O noso club na rede:
-Blog: http://cdalexandreboveda-baloncesto.blogspot.com
-Canle de Youtube: www.youtube.com/user/cdalexandreboveda
  • Agora que empeza a tempada 2010/11, por que non vir adestrar con nós? Podes ser rapaz ou rapaza, dános igual, pero anímate, porque se ves pode que haxa sorpresas... Envialle unha mensaxe á adestradora: cbalexandreboveda@gmail.com
Ata aquí todo por hoxe. Esperemos que vos guste o blog, e despois de ver blog acordadevos de facer a enquisa!! A vosa opinión é moi importante para nós!!

RESULTADOS RESTANTES DA LIGA LINCO 2010

-Xornada 10:
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS APÓSTOLOS BALAÍDOS: 12-16
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS CABALÑOS DE BUXO FLÉMING: 14-4
-Xornada 11: NON XOGAMOS.

-Xornada 12:
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS RETRANQUEIROS ILLAS CÍES: 24-22
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS BIOSBARDOS SEIS DO NADAL: 18-8
-Xornada 13:
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS CELSIÑOS CELSO E. FERREIRO: 14-4
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS PEREGRINOS BERBÉS: 14-12
-Xornada 14:
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS TRASNOS PINTOR LAXEIRO: 16-6
  • OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS BIOSBARDOS SEIS DO NADAL: 12-14
-Xornada 15: NON XOGAMOS.

Para finalizar, aquí tendes a última táboa clasificatoria colgada polo CB SEIS DO NADAL - COIA, no seu blog. Esta táboa indica que quedamos de terceiros, pero quedaramos como quedaramos, NORABOA Ó NOSO CLUB POR MELLORAR TANTO DURANTE O PERÍODO QUE DUROU A LIGA!!!!