30/4/10

INFORMACIÓN EXTRA DO TORNEO DE PORTUGAL

Como xa sabedes, mañá ímosnos a Portugal. Tentaremos estar alí ás 10 hora portuguesa. Para eso sairemos dende o novo "Dia Maxi" de Vigo ás 10 hora española para chegar ás 10 hora portuguesa. Quen nos queira vir a ver pode. Recordade que na entrada anterior correspondente a esta, tendes un documento con informacion. Deixámosvos cun mapa interactivo de onde imos saír exactamente (está desactualizado xa que aínda non sae o novo "Dia Maxi"), e recordade que mañá a dirección será http://cdalexandreboveda-baloncesto.blogspot.com e por Google nos poderedes buscar por CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO:


Visualizar o mapa ampliado

27/4/10

INFORMACIÓN DA 10ª XORNADA DA LIGA LINCO

Sentímos o retraso con respecto os vídeos e os resultados. Teredes os resultados e os vídeos a semana que ven ou antes, ó igual que a 11 e a 12 (xornadas). A 11 non a xogamos.

26/4/10

VIAXAMOS ATA PORTUGAL ESTE SÁBADO 1 DE MAIO!

Sí señoras e señores, ímos viaxar a Portugal, concretamente a Ponte de Lima a un torneo de baloncesto. O próximo xoves concretaremosvos a última información que teñamos, pero polo do momento deixámosvos con este documento con información do torneo, horarios (tede en conta que o que aparece aí é horario portugués)... (Para pasar de páxina tendes que poñer o punteiro do rato na marxe esquerda do documento, e para volver atrás, a parte esquerda do mesmo).

X Mini Torneo Internacional de Baloncesto (Organizada pola Escola Deportiva Limiana)

17/4/10

CAMBIAMOS DE NOME

A partir de agora, ímosnos chamar CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO (Club Deportivo Alexandre Bóveda-Baloncesto), polo tanto, para que non vos coia por sorpresa, a partir do 1 de maio só non poderedes buscar nesta dirección:
http://cdalexandreboveda-baloncesto.blogspot.com e en Google por
CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO. Como podedes ver, no noso canle de youtube, xa somos CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO (ainda que o url da canle de youtube poña ó final /cdalexandreboveda). Tamén nos poderedes encontrar ás veces, nalgúns sitios, como CD ALEXANDRE BOVEDA, sen o -baloncesto.
A pesar deste cambio, o noso enderezo electrónico seguirá sendo cbalexandrebovedachapela@gmail.com e para falar coa adestradora cbalexandreboveda@gmail.com
Recordade, a partir do 1 de maio só http://cdalexandreboveda-baloncesto.blogspot.com e por Google CD ALEXANDRE BÓVEDA-BALONCESTO

15/4/10

9ª XORNADA DA LIGA LINCO

Aquí tendes os resultados, pero ademais, e exclusivamente neste blog e do noso club, poderedes ver os partidos da Linco grabados por nós. Estes estan en youtube, pero os enlaces terédelos aquí. Se queredes podedes visitar a nosa canle de youtube: www.youtube.com/user/cdalexandreboveda.

- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS BIOSBARDOS SEIS DO NADAL: 14-14 Foi un partido moi reñido, no que xogamos co anfitrión da Linco. Ó final empatamos por pouco.


Como podedes ver, unha das fotos son Brais e Miguel da humilde peña do angorén, animando. Recordámosvos que todas as fotos son sacadas do blog do Seis do Nadal.

- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS PEREGRINOS BERBÉS: 12-10
A verdade e que está foi a noso mellor xornada, empatando un partido e gañando o outro.
Lenda: PX: Partidos Xogados, PG: Partidos Gañados, PP: Partidos Perdidos, PE: Partidos Empatados, XL: Xogo Limpo, PTOS: Puntos.
Aproveitamos para dicirvos que na ZONA LIGA LINCO atoparedes toda a información que queredes e máis.
E aquí tendes os vídeos do prtido que xogamos contra OS BIOSBARDOS SEIS DO NADAL. Hai 3 partes:





APUNTATE ÓS NOSOS SERVIZOS!!

Se queres, podeste unir a un servizo que imos iniciar hoxe: se queres recibir gratuitamente as últimas entradas que vaiamos publicando no teu enderezo electrónico, só tes que facer isto:
- Entra no teu enderezo electrónico.
- Mandanos unha mensaxe a cbalexandrebovedachapela@gmail.com engadindo o teu enderezo electrónico.
Tamén, se tes Wii, e tes internet na Wii, podes pedilo:
- Na libreta de direccións engade cbalexandrebovedachapela@gmail.com
- Automáticamente chegaranos un mail dende a tua Wii dicindo a tua dirección de enderezo electrónico da Wii.
- Cando che agregemos nos contactos do noso enderezo, xa poderas disfrutar do servizo, e incluso nos poderás enviar mensaxes dende a túa Wii.
Só poderemos aceptar un máximo de 10 persoas, polo que os 10 primeiros enderezos que nos cheguen serán os elixidos (non vos preocupedes se primeiro hai 5 persoas, e 3 días despois engadeste ti ó servizo. Esas 5 persoas remataran X día, pero ti teras 3 días máis de servizo, con respecto a esas 5 persoas). Poderedes disfrutar do servizo durante 2 meses. Pasados os 2 meses, os seguintes 10 que teñamos poderán disfrutar do servizo 2 meses, e así sucesivamente. Non se poderá repetir o servizo na seguinte quenda, ti terás que esperar á seguinte da seguinte, é dicir, estás 2 meses, os seguintes non podes estar, pero os seguintes xa podes volver a solicitalo.
Asi que aínda que non sexas elexido na primeira quenda, se queres o servizo "ponte na cola", e recordade, sempre ides ter 2 meses xustos!!

8ª XORNADA DA LIGA LINCO

Aquí tendes os resultados!!:
- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS TRASNOS PINTOR LAXEIRO: 28-8
- OS BOLECHAS ALEXANDRE BÓVEDA V.S. OS CELSIÑOS CELSO E. FERREIRO: 10-22

Lenda: PX: Partidos Xogados, PG: Partidos Gañados, PP: Partidos Perdidos, PE: Partidos Empatados, XL: Xogo Limpo, PTOS: Puntos.
Aproveitamos para dicirvos que na ZONA LIGA LINCO atoparedes toda a información que queredes e máis.