21/10/09

HOXE COMEZA A EUROLIGA!!!!!





Hoxe comeza a Euroliga, co partido Fenerbahce Ulker Estambul-Regal FC Barcelona dende Estambul (Turquía). Vai ser televisado en directo dende a 2 de TVE. Se non sabedes que é a euroliga, para que nos entendamos, é a Champions de baloncesto
Que o disfrutedes!!!!

19/10/09

XORNADA 3 DA ACB: AS 5 MELLORES XOGADAS E O VÍDEO DO XACOBEO

O anterior fin de semana, xogouse a 3ª xornada da ACB, e como sempre, as 5 mellores xogadas e o vídeo do Xacobeo Blu:Sens-Granada.



17/10/09

O XACOBEO BLU:SENS CONTRA O GRANADA


Este fin de semana (máis concretamente o domingo), van televisar o Xacobeo-Granada na G2 (A canle 2 da galega na TDT) ás 12:30h. Non volo perdades!!!

AS 5 MELLORES XOGADAS DA XORNADA 2 DA ACB

Aquí tendes despois da segunda xornada da ACB (que se xogou no medio desta semana) as cinco mellores xogadas.
Tamén tendes o resumo do partido do Xacobeo (Valladolid-Xacobeo).

14/10/09

OS NOSOS XOGADORES

Pasou xa unha semana e media da creación deste blog, e todavía non puxemos os nosos xogadores, a nosa adestradora e a nosa presidenta; pois aquí van:
- Presidenta: Sonia.
- Adestradora: Paula
- Colaborador: Brais
-Xogadores:
  • Adrián
  • Alberto
  • Anxo
  • Brais (Outro)
  • David
  • Eva
  • Iago
  • Iván
  • Jacobo
  • Miguel
E a ver se vos animades máis nenas eh!!!

12/10/09

AS 5 MELLORES XOGADAS DA XORNADA 1 DA ACB

Despois desta ponte e fin de semana de baloncesto ofrecémosvos as 5 mellores xogadas da semana da liga ACB. Só tedes que facer clic no primeiro vídeo.
Tamén tendes o vídeo do equipo galego na ACB, o Xacobeo Blu:Sens Obradoiro, contra o todopoderoso Barça. Se queredes saber o resultado facede clic no segundo vídeo. A maxia da ACB xa está aquí...


10/10/09

FIN DE SEMANA DE BALONCESTO A TOPE!!!

Este fin de semana, COMEZA A LIGA ACB!!!!! E non hai forma de ver os partidos nin os marcadores como en FEB TV, pero televisan o sábado 10 o Xacobeo Blu:Sens-F.C. Barcelona na 2 ás 20:00h.
Que o disfrutedes!!!!
E non vos olvidedes dos partidos que hai das LEBs, que podedes ver en FEB TV.

9/10/09

AS PÁXINAS WEBS QUE PODEDES VISITAR DENDE O NOSO BLOG E O CAMBIO DO BLOG

As webs que podedes ver dende o noso blog son normalmente de baloncesto como as da NBA, a ACB e a FEB, pero non só de ligas de baloncesto, se non tamén de equipos. Por agora só temos os equipos de baloncesto máis importantes galegos, pero pouco a pouco, intentaremos ir poñendo máis equipos ata chegar a todos (os máis importantes), pero non só da ACB ou A FEB, se non que tamén da NBA como a dos Lakers ou así. Unha cousa que deberiades saber e que en realidade a FEB non é unha liga, se non que en realidade é Federación Española de Baloncesto. As ligas serían da LEB (Liga Española de Baloncesto) ouro para abaixo. Tamén na páxina web da FEB podedes atopar a páxina FEB TV, na que se retransmitenen directo todos os partidos que se estean botando que correspondan coa FEB. Por exemplo, hoxe xoga o Breogán contra o CAI de Zaragoza, e o partido se retransmitirá, e como somos bos, para que non teñades que buscar a FEB TV, imosvos poñer aquí o enlace para que entredes, e ademáis, tamén a poñerevos xunto coa da FEB:
http://www.febtv.com/
Ademais, en FEB TV, tamén podedes encontrar un enlace que pon "Baloncesto en Vivo". Alí podedes ver todolos marcadores dos partidos que se estean a disputar, e tamén o que esta pasando (en texto).

Con respecto os cambios do blog, recomendaríavos que o virades tódolos días, porque cada día intentamos facer cousas novas nel. E recordadde difundide o blog por ahí, para que o difundan por ahí etc..

8/10/09

BALONCESTO PARA TODOS!!!!





Queremosvos dicir que no noso club O BALONCESTO É PARA TOD@S!!!
No noso club, non nos importa que veñan nen@s de onde sexan e cantos anos teñan (poden vir de calqueiro centro), e máis, queremos a nen@s para o noso club, pero non só nenos ou rapaces, tamén nenas ou rapazas, porque as nenas tamén podedes facer baloncesto e vir ó noso club, e principalmente porque no noso club, aínda non hai nenas!!!, e nos queremos que esteades non noso club. Así que animadevos e agora para reflexionar, mirade estes debuxos, que están ó lado deste texto (Como non se ve moi ben, facedes click na imaxe e se ve mellor. Se aínda así non o ledes ben, mandadenos unha mensaxe, e volo mandaremos de volta ou o publicaremos no blog).

5/10/09

O NOSO HORARIO

Agora que nós xa nos presentamos, imosvos dicir o noso horario e o lugar onde entrenamos:
-Luns: de 16:00 a 17:00 no ximnasio ou nas pistas do CEIP ALEXANDRE BÓVEDA.
-Mércores: de 17:00 a 18:00 no ximnasio ou nas pistas do CEIP ALEXANDRE BÓVEDA.

ESTAMOS DE ESTREA!!!

Benvidos ó blog oficial do C.B. ALEXANDRE BÓVEDA DE CHAPELA.
Tendes na barra da dereita, unha enquisa para cubrir; gustaríanos que participedes, para así mellorar o blog, pero non vos agobiedes por participar, porque tendes ata o 31 de decembro deste ano, ata as 23:59 h. Ademais, cubrir a enquisa é moi doado: só tendes que marcar unha das opcións, e darlle a "Vote".
Que saibades tamén que se vos queredes poñer en contacto connosco ou madarnos unha mensaxe, podedelo facer ó enderezo electrónico cbalexandrebovedachapela@gmail.com