As webs que podedes ver dende o noso blog son normalmente de baloncesto como as da NBA, a ACB e a FEB, pero non só de ligas de baloncesto, se non tamén de equipos. Por agora só temos os equipos de baloncesto máis importantes galegos, pero pouco a pouco, intentaremos ir poñendo máis equipos ata chegar a todos (os máis importantes), pero non só da ACB ou A FEB, se non que tamén da NBA como a dos Lakers ou así. Unha cousa que deberiades saber e que en realidade a FEB non é unha liga, se non que en realidade é Federación Española de Baloncesto. As ligas serían da LEB (Liga Española de Baloncesto) ouro para abaixo. Tamén na páxina web da FEB podedes atopar a páxina FEB TV, na que se retransmitenen directo todos os partidos que se estean botando que correspondan coa FEB. Por exemplo, hoxe xoga o Breogán contra o CAI de Zaragoza, e o partido se retransmitirá, e como somos bos, para que non teñades que buscar a FEB TV, imosvos poñer aquí o enlace para que entredes, e ademáis, tamén a poñerevos xunto coa da FEB:
http://www.febtv.com/Ademais, en FEB TV, tamén podedes encontrar un enlace que pon "Baloncesto en Vivo". Alí podedes ver todolos marcadores dos partidos que se estean a disputar, e tamén o que esta pasando (en texto).
Con respecto os cambios do blog, recomendaríavos que o virades tódolos días, porque cada día intentamos facer cousas novas nel. E recordadde difundide o blog por ahí, para que o difundan por ahí etc..